Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os 79 rapaces das escolas rurais embarcaron en Vilagarcía e fixeron o percorrido ata Vilarello, onde os agardaban as súas familias

- Hai uns días xa percorreran a pé a outra Ruta Xacobea que discorre por Valga: o Camiño Portugués

CRACatamarán1

Valga, 17 de xuño de 2022.

O alumnado do CRA de Valga continúa coa súa particular inmersión no Camiño de Santiago e, en concreto, nas distintas rutas que discorren por Valga.

Se hai uns días os rapaces das escolas de Campaña, Forno, Ferreirós, Vilarello, Chenlo e Xanza percorreron a pé o Camiño Portugués entre O Pino e San Miguel, onte gozaron dunha xornada moi especial na que descubriron a ruta marítimo-fluvial da Ría de Arousa e Río Ulla. A coñecida como “Traslatio”, ruta pola que, segundo a tradición, chegaron a Galicia os restos do Apóstolo Santiago e considerada ao orixe de todos os camiños de Santiago.

A xornada foi completa, con saída pola mañá dende a estación de tren de Pontecesures ata Vilagarcía, onde os nenos e os seus mestres asistiron a unha sesión de cine. Ao remate da película, comeron na praia e, a continuación, subiron ao catamarán para iniciar o remonte do Ulla. Os 79 alumnos das seis escolas pasárono en grande na cuberta da embarcación, gozando coa experiencia e coas paisaxes ao tempo que lles explicaban os distintos lugares polos que ían pasando.

O desembarco tivo lugar no pantalán da praia fluvial de Vilarello, onde as familias os estaban agardando.

CRACatamarán2 CRACatamarán3

CRACatamarán4 CRACatamarán5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver