Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O alcalde e a concelleira de Educación asistiron ao acto no que vinte e catro estudantes recibiron os diplomas

- Alicia Iglesias, Iris Barros e Sara Rodríguez foron galardoadas cos premios extraordinarios de Ciencias e Humanidades

Graduación20 22 1

Valga, 13 de xuño de 2022.

O IES de Valga despediu á promoción de alumnos que, tras cursar 2º de Bacharelato, veñen de rematar a súa etapa no instituto.

No acto de graduación, celebrado o venres no Auditorio e no exerceron de presentadores Iris Blanco e Arón Magán, mesturáronse a ilusión ante a nova etapa que agora comeza para esta xeración de xóvenes valgueses coa tristura e a nostalxia por despedirse dos que durante os últimos anos foron os seus mestres, compañeiros e amigos. “Neste tempo axudámosvos a conformar a vosa personalidade e a ter ideas sobre o que será o voso futuro. Agora chega o momento de voar”, díxolles o director do IES, Eliseu Mera.

Falaron tamén os padriños da promoción: os mestres Loli Rego e Fran Godón, ademais do alcalde, José María Bello Maneiro, que acudiu ao acto acompañado pola concelleira de Educación, Carmen Gómez. “Este acto representa a posta de largo do Bacharelato da pandemia”, destacou o rexedor. “Dous anos máis difíciles do normal nos que, debido ás circunstancias sanitarias, tivestes que facer maiores esforzos”. Por iso felicitou tanto aos alumnos como ás súas familias e tamén á dirección e profesorado do IES.

En representación dos recén graduados, tomaron a palabra Damián Bustelo e Alexandra Bandín, que tiveron mensaxes para todos os seus mestres e destacaron que a etapa que agora remata foi “a que nos formou, a que nos fixo ser quen somos hoxe. O noso tesouro foi todo o que vivimos xuntos, demostrouse o moito que nos necesitamos e o mellor exemplo foi a corentena”.

Os alumnos recibiron os seus diplomas e, ademais, entregáronse o Premio Extraordinario de Ciencias “Ángel Carracedo”, que recaeu en Alicia Iglesias, e o Premio Extraordinario de Humanidades e Ciencias Sociais, que recolleron conxuntamente Iris Barros e Sara Rodríguez.

Durante a graduación actuou a Banda de Música Municipal que, dirixida por Manuel Villar, interpretou varios temas e pechou o acto cos himnos de Valga e de Galicia.

Graduación20 22 2 Graduación20 22 3

Graduación20 22 4 Graduación20 22 5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver