Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Unas 1.400 persoas déronse cita no campo municipal de Baño entre as dúas xornadas

- As competicións organizadas polo Cordeiro C.F. rematan os días 11 e 12 coas categorías infantil e cadete

Prebenxamín1

Valga, 6 de xuño de 2022.

O campo municipal de Baño foi por segunda fin de semana consecutiva epicentro da actividade deportiva no noso concello, coa disputa do VI Torneo de fútbol base do Cordeiro C.F. nas categorías prebenxamín e alevín, nas que participaron un total de 32 equipos.

O sábado disputáronse os partidos de categoría alevín, coa participación de CD Conxo, Atlético Cuntis, CD Dodro, Ulla CF, EFM Boiro, Atlético Fátima, Cordeiro A e B, Aguiño, Villestro, Carreira CF, Bertamiráns FC, Noia CF, Victoria FC e CD Bamio.

O campión da xornada foi o Noia, que venceu na final ao Atlético Cuntis. O CD Conxo foi terceiro e o Aguiño clasificouse na cuarta posición.

Na fase de consolación o gañador foi a Escola de Fútbol Municipal de Boiro, que disputou a final co CD Dodro. A terceira praza foi para o Victoria FC e o Cordeiro B foi cuarto.

O domingo foi o turno dos prebenxamíns do Bertamiráns FC, Noia CF, CD Sar, Crocha Balompé, Cordeiro A e B, Caldas CF, Villestro A e B, Aguiño, Xuventude Oroso, Arousa F7, Victoria FC, Ulla CF, EFM Boiro e Atlético Cuntis.

Neste caso a vitoria recaeu no Caldas CF, que se enfrontou na final ao Bertamiráns FC. Atlético Cuntis e EFM Boiro xogáronse o terceiro e cuarto posto, con trunfo para os cuntienses.

Na fase de consolación o primeiro posto foi para o Aguiño e o Ulla foi subcampión. O terceira praza ocupouna o Villestro A e en cuarto lugar clasificouse Crocha Balompé.

O alcalde, José María Bello Maneiro, e o concelleiro de Deportes, Manuel Ferreiro, participaron na entrega das medallas e os trofeos aos participantes.

Unhas 1.400 persoas déronse cita nas instalacións municipais nestas dúas xornadas, polo que “non podemos estar mais contentos”, sinala o presidente do Cordeiro, José Ramón Seco.

A sexta edición do torneo pecharase os próximos días 11 e 12 de xuño coas categorías infantil e cadete.

 

Prebenxamín2 Prebenxamín3

Prebenxamín4 alevin1

Alevín2

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver