Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actividade celebrarase o día 26 de xuño e consistirá nun xantar no pavillón de Cordeiro

- O prazo para inscribirse estará aberto ata o 17 de xuño

encontromaiores

Valga, 31 de maio de 2022.

Coa volta a normalidade tralos anos da pandemia, o Concello está a recuperar o seu calendario festivo e, nesta ocasión, é a quenda dunha das celebracións máis lonxevas e emblemáticas: o Encontro cos Nosos Maiores, que volverá a celebrarse o vindeiro 26 de xuño.

Esta festa é unha homenaxe á poboación máis veterana do municipio e nela poden participar os veciños que teñan cumpridos 65 anos ou que os cumpran durante este ano 2022. Nos últimos días informóuselles por carta da celebración do tradicional xantar de confraternidade no pavillón municipal de Cordeiro. Será unha xornada de moitos reencontros para veciños de Valga que levan tempo sen compartir vivencias.

O programa de actividades previsto para ese domingo dará comezo ás 13:00 horas coa actuación da Banda de Música Municipal de Valga no propio pavillón, onde a continuación terá lugar o xantar. No transcurso da xornada haberá sorteo de agasallos doados por casas comerciais e entidades de Valga e da contorna e tamén se entregará un recoñecemento ao home e a muller de maior idade que participen no Encontro e aos asistentes que estean de aniversario.

O prazo de inscrición está aberto ata o día 17 de xuño nas oficinas do Concello (986 55 94 56) ou no Auditorio (986 55 67 69), ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

No caso de que algunha persoa que cumpra tanto o requisito da idade coma o de estar empadroado non recibise a carta do Concello, pode igualmente inscribirse dentro dese mesmo prazo.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver