Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A artista Ángeles Garrido e os usuarios e persoal do CODI deseñaron e realizaron os trofeos cos que se premiará aos gañadores

- Agárdase que unhas 3.000 persoas, entre xogadores e público, pasen polo campo de Baño durante o evento

TrofeosCODI1

Valga, 27 de maio de 2022.

O Cordeiro C.F. dá comezo esta fin de semana á sexta edición do Torneo de Fútbol Base, no que participarán un total de 96 equipos de toda Galicia de categorías comprendidas entre biberón e cadete.

O campo municipal de Baño será o escenario no que se desenvolvan os encontros, que arrancarán mañá sábado a partir das 9:00 horas. Nesta primeira xornada participarán os rapaces de categoría benxamín e o domingo os máis pequerrechos, de categoría biberón. Os días 4 e 5 de xuño será o turno dos alevíns e prebenxamíns e o torneo rematará na fin de semana do 11 e 12 de xuño coa participación dos equipos infantís e cadetes.

José Ramón Seco, presidente do Cordeiro C.F., agarda que polo campo municipal de Baño pasen nestas tres fins de semana arredor de 3.000 persoas, entre xogadores e público. Ademais dos partidos, haberá xogos para os cativos, servizo de bocatería na cafetería do recinto deportivo e sorteos entre os asistentes.

O Concello colabora neste evento deportivo cedendo as instalacións municipais e aportando, ademais, as medallas e trofeos. Estes últimos foron deseñados e elaborados para a ocasión pola artista local Ángeles Garrido e polos usuarios e persoal do CODI, que participaron en todo o proceso, dende o modelado ata o pintado e a decoración.

Realizaron en total 48 trofeos de tres tamaños diferentes e que representan un balón de fútbol tocando a rede dunha portería.

TrofeosCODI2 TrofeosCODI3

TrofeosCODI4 TrofeosCODI5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver