Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os atrancos na rede de saneamento causan avarías, vertidos e danos ambientais

- No bombeo de O Forno ata se atoparon restos de roupa

BombeoForno1

Valga, 29 de abril de 2022.

O Concello de Valga solicita aos veciños de Valga que eviten tirar polo inodoro materiais que non son biodegradables, como toalliñas hixiénicas, compresas ou plásticos, xa que provocan importantes problemas na rede de saneamento e, como consecuencia, danos ambientais polos vertidos e un sobrecusto para as arcas municipais.

No bombeo de O Forno, no que se acaba de realizar unha intervención de limpeza, os operarios municipais atoparon o cestón completamente cheo de toalliñas, compresas, cueiros e outros produtos hixiénicos, plásticos e incluso trozos de roupa que foron tirados de xeito irresponsable polos inodoros e que acabaron provocando un atranco no bombeo. Ata este punto da rede de saneamento chegan as augas residuais de boa parte da parroquia de Cordeiro (Vilar, Vilarello, Carracido, Moldes, Laxes, Outeiro, Barcia, Balleas, Barro, Canle, Cotriños, Ferreirós, Casanova, A Torre, parte do Forno, Castiñeiras e Beiro), así coma dalgúns núcleos de Setecoros (Bronllo, O Pino, Cerneira, Louro e Magariños), Xanza (Senín). Parte das augas chegan a este bombeo tras pasar, previamente, polo de Carracido.

A problemática é grave e non afecta só a esta zona, senón que tamén se produce nos demais puntos de bombeo do municipio (A Devesa, San Miguel e O Carballiño). Isto causa importantes inconvintes tanto no funcionamento da rede municipal de saneamento como para os veciños que residen no entorno das zonas afectadas e xenera unha notable repercusión medioambiental e económica para as arcas públicas. A acumulación de materiais non biodegradables pode provocar atrancos nas tubaxes e nos bombeos, chegando a queimalos e causando vertidos de augas fecais.

Por iso, o goberno municipal fai de novo un chamamento aos veciños de toda Valga para que actúen de xeito responsable e se conciencien sobre os problemas que causa verter polo inodoro materiais non biodegradables, unhas consecuencias negativas que poderían evitarse botando as toalliñas ou plásticos no cubo do lixo.

BombeoForno2 BombeoForno3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver