Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Esta mañá deu comezo a camiñada organizada polo Concello con motivo do Ano Santo 2021-2022

- O sábado de Pascua realizarase a segundo tramo entre Porriño e Redondela

Tui1

Valga, 9 de abril de 2022.
A peregrinación a Santiago polo Camiño Portugués organizada polo Concello con motivo de Ano Santo 2021-2022 deu comezo esta mañá. Os participantes, entre os que hai varios nenos, foron recollidos por un autobús xunto á Mina Mercedes para desprazarse ata Tui, punto de inicio da primeira etapa.

Na Catedral da localidade tudense arrancou a camiñada, cunha lonxitude de 18 quilómetros ata Porriño e na que participan o alcalde, José María Bello Maneiro, e outros concelleiros do goberno municipal coma José Ángel Souto, Pedro Calvo e Malena Isorna.

O grupo de peregrinos contou co apoio dun vehículo do Concello que fixo as tarefas de coche escoba e tamén estivo acompañado por varios membros da agrupación de Protección Civil, para prestar asistencia en caso necesario. Os voluntarios, ademais, encárganse de selar as credenciais que permitirán aos peregrinos obter a Compostela á súa chegada a Santiago, prevista para o día 21 de maio.

A peregrinación costa dun total de oito etapas. O sábado de Pascua cubrirase o traxecto entre Porriño e Redondela e, nas seguintes fins de semana, faranse os tramos Redondela-Pontevedra, Pontevedra-Briallos, Briallos-Casal de Eirigo, Casal de Eirigo-Hotel Scala (Padrón), Scala- Milladoiro e Milladoiro-Praza do Obradoiro. Ademais, o día 4 de xuño terá lugar unha misa na Catedral de Santiago concelebrada por todos os párrocos de Valga.

As persoas que queiran sumarse ao grupo no traxecto entre Valga e Santiago e aquelas que queiran asistir unicamente á misa aínda poden inscribirse no Concello ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., enviando cuberta a folla de inscrición que poden descargar na páxina web do Concello (https://www.valga.gal/atencion-cidada/impresos-solicitudes).

Tui2 Tui3

Tui4 Tui5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver