Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actividade foi promovida polo Concello no marco do Plan de Prevención das Drogodependencias

- Esta tarde terá lugar o contacontos “O que importa é outra cousa” na biblioteca de Cordeiro

saudables1

Valga, 8 de marzo de 2018.

O Auditorio Municipal acolleu esta mañá un obradoiro “Cóidome por dentro, gústome por fóra”, centrado na autoestima e nos hábitos de vida saudables, unha actividade do Plan de Prevención das Drogodependencias e outras condutas adictivas que se dirixía eminentemente a mulleres pero que estivo aberto tamén á participación de homes.

Durante o obradoiro explicouse que traballar a autoestima e quererse a un mesmo  non só é beneficioso para as relacións sociais, senón tamén para a saúde. Ademais ofréronse aos participantes unha serie de pautas e hábitos de vida saudable no tocante á alimentación e tamén ás consecuencias nocivas de substancias como o alcohol ou o tabaco. Por último, elaboráronse batidos saudables a base de froitas e verduras e cos que todos os asistentes brindaron polos dereitos das mulleres.

Esta tarde continúan as actividades conmemorativas do Día Internacional da Muller. A biblioteca municipal de Cordeiro acolle a partir das 17 horas o contacontos “O que importa é outra cousa”, dirixido ao público infantil.

O domingo día 11 a partir das 19 horas o Concello homenaxerá ás mulleres valguesas que promoven as artes escénicas, unha actividade vencellada, ademais, ao 150 aniversario do nacemento da Bella Otero. Na fin de semana seguinte, o sábado 17, o Auditorio acollerá o acto de celebración do 25 aniversario da asociación de Mulleres Rurais “Albor”, no que se fará un recoñecemento á primeira directiva do colectivo e un percorrido pola súa actividade.

A programación adicada á muller continuará os días 20 e 22 con senllas sesións de Cine Forum no colexio de Baño e no Auditorio Municipal nas que se proxectará a película “Quiero ser como Beckham”, centrada en valores como a igualdade de sexos e de razas. Despois do visionado, os participantes reflexionarán sobre as mensaxes deste filme e realizarán actividades didácticas sobre as mesmas.

Ademais, ata o 23 de marzo pode verse na Casa do Concello a exposición “Mulleres Galegas”, que reúne a catorce figuras que destacaron polas súas aportacións á ciencia, ás humanidades e ao coñecemento. E no Auditorio Municicipal permance ata o día 31 a mostra “Mulleres creando”, con obras pictóricas feitas por integrantes da asociación de Mulleres Rurais San Xinés de Bamio nas clases de pintura que lles imparte a artista valguesa Ángeles Garrido.

saudables2 saudables3

 Máis fotos do obradoiro: https://www.facebook.com/media/set/?set=a.224566041425190.1073741967.131969484018180&type=1&l=6904ab3647

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver