Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actividade dará comezo a vindeira fin de semana cunha etapa de 18 quilómetros entre Tui e O Porriño

- Os veciños que queiran realizar o tramo entre Valga e Santiago aínda poden inscribirse ata a primeira semana de maio

EscudoConcelloo

Valga, 1 de abril de 2022.

Oitenta persoas inscribíronse para peregrinar a Santiago dende Tui polo Camiño Portugués. O Concello organiza esta actividade con motivo do Ano Santo 2021-2022 e será o vindeiro sábado, 9 de abril, cando dean comezo as camiñadas cunha etapa de 18 quilómetros entre a localidade tudense e O Porriño.

Os participantes serán recollidos no entorno da Mina Mercedes ás 7:30 horas para poñer rumbo a Tui en autobús para iniciar a peregrinación, que se divide en oito etapas:

  • Sábado 9 de abril, Tui - Porriño: 18 quilómetros
  • Sábado 16 de abril, Porriño - Redondela: 15 quilómetros
  • Sábado 23 de abril, Redondela - Pontevedra: 18 quilómetros
  • Sábado 30 de abril, Pontevedra - Briallos: 18 quilómetros
  • Sábado 7 de maio, Briallos – Casaldeirigo (límite de Valga): 15 quilómetros
  • Sábado 14 de maio, Casaldeirigo - Hotel Scala (Padrón): 12 quilómetros
  • Martes 17 de maio, Hotel Scala - Milladoiro: 15 quilómetros
  • Sábado 21 de maio, Milladoiro - Praza do Obradoiro: 9 quilómetros

Os veciños que queiran sumarse á peregrinación nas últimas tres etapas, para realizar o traxecto entre Valga e Santiago, aínda teñen de prazo para inscribirse ata a primeira semana de maio. Tamén segue aberta a inscrición para aquelas persoas que queiran asistir unicamente á misa que se celebrará na Catedral de Santiago o día 4 de xuño. A data de fin do prazo anunciarase proximamente.

Para participar é preciso cubrir a folla de inscrición cos seguintes datos: nome e apelidos, domicilio, DNI e teléfono de contacto. En caso de menores de idade, a ficha tamén debe incluír os datos do adulto responsable que os acompañará na peregrinación.

Esta folla entregarase debidamente cuberta e asinada no Concello ou enviarase ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver