Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Estas obras están recollidas nun proxecto que acaba de saír a licitación

- O investimento superará os 90.000 euros, que se financiarán con cargo ao Plan Concellos

ParqueIrmánsDios

Valga, 28 de febreiro de 2022.

O Concello levará a cabo novas obras de acondicionamento e mellora nunha das zonas de lecer e recreo por excelencia do municipio, o Parque Irmáns Dios Mosquera

As actuacións que se proxectan dotarán a este espazo, situado a carón do río Valga, duns novos aseos públicos e de máis sendas peonís, ademais de mellorarse as pasarelas para facelas máis transitables. En total, investiranse 90.210’05 euros, que se financiarán con cargo ao Plan Concellos da Deputación.

Os aseos habilitaranse nunha pequena edificación existente no entorno do Centro de Interpretación da Caña do País, que actualmente está sen rematar. Ademais dos baños, tamén se acondicionará un espazo de almacén para optimizar ao máximo as posibilidades que ofrece esta edificación, ao tempo que se dá resposta ás necesidades dos usuarios.

Deste xeito o parque pasará a ter dous puntos con aseos públicos, nos extremos norte e sur, algo necesario debido ás súas dimensións e a que adoitan celebrarse nel eventos que congregan a un importante número de personas.

No referido ás sendas para o tránsito de peóns, crearanse dúas. Unha ten por obxectivo comunicar os novos aseos co Centro de Interpretación da Caña do País e o outro sendeiro discorrerá entre as dúas pasarelas de madeira que atravesan o río na zona próxima ao vaso da piscina fluvial. Estas pasarelas, ademais, serán arranxadas, reducindo a súa pendente, que agora as fai difíciles de atravesar.

A última actuación recollida neste proxecto é a substitución dun valo perimetral de madeira que se atopa deteriorado debido ao paso do tempo e ás inclemencias meteorolóxicas. Estas deficiencias supoñen un risco que é preciso corrixir.

As obras acaban de ser licitadas e as empresas teñen de prazo ata o día 23 de marzo para presentar as súas ofertas.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver