Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A mostra, que hoxe inaugurou o alcalde, pode verse durante todo o mes de novembro

- Participan un total de nove artistas de Valga e doutras vilas da contorna coma Pontecesures ou Padrón

ExpoUnindo1

Valga, 4 de novembro de 2021.

Coa entrada do novo mes a sala de exposicións do Auditorio Municipal cambia de contido e recibe a mostra “A pintura unindo sentimentos”, da asociación de Mulleres Rurais “Albor”.

A exposición foi inaugurada esta mañá polo alcalde, José María Bello Maneiro, e a presidenta do colectivo, Rosa Crespo, nun acto ao que tamén asistiron o concelleiro de Cultura, Pedro Calvo, e as edilas Carmen Gómez e Begoña Piñeiro, así coma os nove artistas que aportan obras á exposición.

Esta inclúe cadros pero tamén outros traballos realizados sobre tella e en cristal, estes últimos mediante a técnica Tiffany. Os artistas participantes son Carmen Souto, Graciela Caviedes, Carmen Gontad, Sonia Tubío, Carmen García, Elena Nogueira, Carmen Vejo, Mónica Esperón e Juan José Devesa, asistentes as clases que imparten cada mércores e xoves as mestras Rosa Crespo e Sonia Carbia no local municipal que acolle a sede da asociación.

“Estes son algúns dos traballos que a pandemia nos deixou facer”, explicaron as representantes de “Albor”, que engadiron que “o feito de contar cun local amplo” permitiulles reorganizar os espazos para continuar realizando as actividades en condicións de seguridade. Seguir asistindo ás clases nesta época tan complexa foi “moi importante” para as socias do colectivo, xa que “nos axudou a evadirnos doutras cousas”.

O alcalde deulles a noraboa pola calidade dos seus traballos. “Vese que hai un gran equipo, con moi bos alumnos e tamén boas mestras ás que seguir”. Ademais, engadiu Bello Maneiro, as obras “reflexan canto gozades con estas actividades”.

 

ExpoUnindo2 ExpoUnindo3

ExpoUnindo4 ExpoUnindo5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver