Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- “Consertasso na Horta” animou ao público a cantar e a bailar con cancións orixinais e de estilos moi diferentes

- A actividade enmarcouse no programa de dinamización lingüística FalaRedes

BraisdasHortas1

Valga, 15 de novembro de 2021.

O público familiar e infantil que o domingo pola tarde acudiu ao Auditorio Municipal puido gozar do último espectáculo musical de Brais das Hortas, un divertido concerto con cancións orixinais e de estilos moi diferentes que animaron aos asistentes a cantar e a bailar.

A actuación combinou teatro, humor e música, centrada na cultura rural de Galicia e no respecto pola contorna natural. Cancións sobre a plantación de kiwis da veciña Carmiña, o trap da Santa Compaña, as cabras que tiran para o monte comunal, o lagarto Arnau ou o animado Sacho Zumba foron algunhas das que interpretou o músico e humorista cangués.

Esta actividade, que foi gratuíta para todos os espectadores que asistiron, formou parte da programación do FalaRedes, programa de dinamización da linga galega que a Consellería de Cultura desenvolve naqueles concellos adscritos á Rede de Dinamización Lingüística, como é o caso de Valga.

BraisdasHortas2 BraisdasHortas3

BraisdasHortas4 BraisdasHortas5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver