Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Representantes dos concellos do Ulla-Umia e O Salnés percorreron en barco a vía marítimo-fluvial

- Leuse un manifesto contra a violencia machista e a Caravana Morada ofreceu información e asesoramente neste ámbito

TraslatioGDR1

Valga, 15 de novembro de 2021.

A concelleira de Igualdade e Benestar Social, Begoña Piñeiro, participou o pasado sábado na ruta “O rural contra a violencia de xénero”, organizada polo Grupo de Desenvolvemento Rural Salnés-Ulla Umia, do que forma parte o Concello de Valga.

Representantes dos distintos concellos destas dúas comarcas percorreron en barco a coñecida como Traslatio, a ruta marítimo-fluvial pola que chegaron os restos do Apóstolo Santiago, e que está considerada como a orixe do Camiño de Santiago. O obxectivo desta iniciativa foi dar visibilidade ás mulleres do rural.

A expedición partiu dende o porto de Vilanova de Arousa e percorreu a Ría de Arousa e o río Ulla ata chegar a Pontecesures, onde se deu lectura a un manifesto en contra da violencia de xénero. Como actividade complementaria, contouse coa Caravana Morada con actividades de información, asesoramento e atención psicolóxica neste ámbito.

“O rural contra a violencia de xénero” foi unha actividade conmemorativa do 25N na que participaron os 24 GDR’s de Galicia e que contou coa colaboración da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, a Secretaria Xeral de Igualdade e a Axencia Turismo de Galicia.

Tendo en conta as características propias de Galicia, un dos obxectivos principais deste evento foi dar visibilidade ás mulleres que residen nas poboacións rurais, un colectivo esencial para o desenvolvemento da nosa sociedade. Ademais, con motivo do Xacobeo 2021-2022, aproveitouse para poñer en valor as diferentes rutas de peregrinación do Camiño de Santiago, entre elas a vía marítimo-fluvial que discorre por Valga.

TraslatioGDR2 TraslatioGDR3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver