Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As inscricións poden realizarse no Concello ou no Auditorio ata o día 23 de decembro

- Os tres primeiros clasificados recibirán premios de 175, 100 e 75 euros

Nacemento

Valga, 17 de novembro de 2021.

Con motivo das festas de Nadal, o Concello convoca un ano máis o Concurso de Beléns, que cumpre a súa vixésima edición e se ten convertido xa nunha das actividades máis características da programación cultural destes festexos.

Neste certame poden participar particulares, entidades públicas ou privadas, asociacións e colectivos ou establecementos comerciais. O prazo de inscrición, que pode realizarse no Concello ou no Auditorio, estará aberto ata o día 23 de decembro.

O xurado fará un percorrido polos beléns o luns 3 de xaneiro e o día 5, coincidindo coa recepción aos Reis Magos, entregaranse os premios. Os tres primeiros clasificados recibirán vales de compra de 150, 100 e 75 euros e haberá tamén agasallos e diplomas para todos os participantes.

Este concurso pretende contribuír a preservar un dos costumes máis sobranceiros do Nadal e a afianzar a tradición de montar o belén en familia. Partindo da representación do nacemento de Xesús os participantes teñen liberdade para recrear a paisaxe e o entorno, incluír os personaxes, efectos ou materiais máis variopintos, así coma os compoñentes ornamentais que prefiran.

O xurado valorará aspectos coma o enxeño e a orixinalidade, os materiais empregados, o tamaño e número de pezas ou a laboriosidade da montaxe, entre outros.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver