Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A agrupación valguesa estivo dirixida por Diego Fortes

- Unha integrante da agrupación leu un manifesto contra a violencia de xénero antes da actuación

Banda25N1

Valga, 27 de novembro de 2021.

O concerto “Música contra a violencia” pechou esta tarde o programa de actividades conmemorativas do Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller. A actuación correu a cargo da Banda de Música Municipal que, ademais, celebrou a festividade de Santa Icía, patroa dos músicos.

O evento tivo lugar no Auditorio Municipal e deu comezo coa lectura a cargo de Rosalía, unha integrante da Banda, dun manifesto contra a violencia de xénero escrito por ela mesma. A continuación, comezou a soar a música da agrupación municipal, dirixida nesta ocasión por Diego Fortes.

Interpretaron os temas “Sangre de Artista” de Jaime Teixidor, “Theatre Music” de Philip Sparke, “A pedra da serpe”, composta por José Luis Represas, “La Comparsita”, “Coldplay classics” e “God save the Queen”.

Durante o concerto, a asociación Musival sorteou dúas cestas de Nadal entre as persoas que asistiron.

Banda25N2 Banda25N3

Banda25N4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver