Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A montaxe incorpora arredor de 200 novas figuras para resumir os principais acontecementos deste ano

- O nacemento pode visitarse de forma gratuíta de luns a sábado polas tardes e os domingos tamén pola mañá

AperturaBelén3

Valga, 3 de decembro de 2021.

O Nadal está chamando ás portas e Valga métese de cheo nas celebracións coa inauguración, este domingo, do Belén Artesanal en Movemento, un dos grandes atractivos turísticos do municipio e referente da tradición belenista tanto en Galicia coma en España.

O acto inaugural terá lugar ás 17:30 horas no local da Rúa Nova coa asistencia das autoridades, membros da asociación Amigos do Belén e do párroco de Campaña, Manuel Míguez, que será o encargado de bendicir o nacemento xusto antes de descubrilo. A continuación darán comezo as visitas, respectando sempre as medidas sanitarias coma o uso da máscara e o mantemento das distancias.

O Belén estará aberto todos os días ata o 9 de xaneiro. De luns a venres o horario será de 17:30 a 20:30, os sábados de 17:00 a 20.30 e os domingos e festivos abrirá de 12:00 a 14:00 polas mañás e de 17:00 a 20:30 polas tardes. Ademais, os grupos que desexen concertar cita fóra de este horario poden facelo a través dos teléfonos 630 95 25 15.

A montaxe, realizada polo colectivo Amigos do Belén, incorpora este ano unhas 200 figuras de nova creación, feitas todas artesanalmente e nas que se reflexarán os acontecementos e personaxes máis salientables do ano dende o ámbito local ata o internacional.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver