Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A mestra composteira do Concello, Silvia Torres, impartiu hoxe este entretido obradoiro no CEIP

- A reutilización evita que estes residuos acaben no colector da fracción resto

ceras1

Valga, 16 de decembro de 2021.

As actividades sobre reciclaxe de residuos continúan no CEIP Baño-Xanza da man da Oficina de Compostaxe municipal. Nas últimas semanas os rapaces de Primaria asistiron a charlas sobre a compostaxe e a correcta separación de residuos e agora son os máis pequerrechos, os nenos de Infantil, os que participan nestas iniciativas de educación ambiental.

Esta mañá a mestra composteira do Concello, Silvia Torres, realizou cos cativos un entretido obradoiro de reciclaxe de ceras de cores. O proceso para dar unha segunda vida a este material é moi sinxelo. Tan só hai que xuntar os restos da vellas ceras, esmiuzalos en anacos pequenos, metelos nun molde e botarlles unha pinga de auga. Despois introdúcese no microondas e, ao fundirse, a cera colle a forma molde. O resultado son novas cores coas que volver a pintar.

Este taller tamén permitiu ao nenos xogar coa súa imaxinación, mesturando diferentes cores e dándolles distintas formas ás súas ceras.

Con esta sinxela acción podemos evitar que este residuo tan habitual nas escolas e en moitos fogares acabe no contedor da fracción resto, cumprindo ademais o principio das tres Rs: reducir, reciclar e reutilizar.

ceras2

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver