Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Atópanse en Cordeiro, na PO-548, e en Ponte Valga, na N-550, dous puntos de moito tránsito que garantizan visibilidade

- Este foi un dos compromisos adquiridos en Pleno cando se aprobou a adhesión a esta campaña contra a violencia de xénero

SinalToleranciaCero1

Valga, 22 de decembro de 2021.

O Concello de Valga continúa desenvolvendo a campaña “Municipios Tolerancia Cero” contra a violencia de xénero e cumprindo cos compromisos adquidos ante o Pleno cando se aprobou a adhesión a esta iniciativa de sensibilización contra o maltrato. Un deles era a colocación de sinalización en zonas céntricas do pobo, como acaba de realizarse.

Instaláronse recentemente sinais nas dúas principais estradas que discorren polo municipio e que son, ademais, as dúas vías de comunicación máis transitadas. Incorporan a lenda “Valga contra o maltrato. Tolerancia cero” e están emprazadas en Cordeiro, na PO-548 á altura do cruce cara Ferreirós, e en Ponte Valga, na N-550 nas inmediacións da farmacia. Son dous puntos con moita visibilidade debido o gran tránsito de vehículos que soportan estas zonas.

Mediante esta acción simbólica o Concello reforza o seu posicionamento contra o maltrato e trata de concienciar á poboación sobre a necesidade de erradicar esta lacra social que tan duramente afectou a Valga nos últimos anos.

Foi no Pleno do mes de outubro cando a Corporación municipal aprobou por unanimidade a moción do grupo de goberno para adherirse á campaña “Municipios Tolerancia Cero”, iniciativa de Atresmedia e Fundación Mutua Madrileña. Esta é unha iniciativa de acción social fronte á violencia de xénero e en apoio das vítimas, comprometéndose o Concello a levar a cabo unha serie de iniciativas para a visibilización desta problemática e en apoio das vítimas.

Un destes compromisos era, precisamente, a instalación de, cando menos, un sinal da campaña “Tolerancia Cero” nas entradas do pobo ou en zonas céntricas. Ademais, nas vésperas do 25-N tamén se pintou un paso de peóns, o situado fronte ao Auditorio Municipal, cunha mensaxe contra a violencia de xénero. Outras das accións a desenvolver son actividades formativas e de sensibilización dirixidas á mocidade e charlas enfocadas ás mulleres e ás vítimas de malos tratos.

SinalToleranciaCero2

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver