Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A concelleira Begoña Piñeiro asistiu á xuntanza de preparación das actividades que se levarán a cabo

- Organizaranse xornadas de difusión e un Túnel do Viño con exposición e catas comentadas

ReuniónIXP1

Valga, 17 de febreiro de 2022.

A concelleira Begoña Piñeiro asistiu onte como representante do Concello á xuntanza que o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Salnés-Ulla Umia celebrou, en colaboración co GDR Deloa, para planificar un proxecto de promoción dos viños da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Barbanza e Iria, da que forma parte o municipio de Valga.

A reunión de traballo tivo lugar en Padrón, na sede do GDR Deloa, e nela estiveron representados tamén os concellos de Pontecesures, Catoira, Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira. Todos pertencen á IXP Barbanza e Iria, ao igual que varias parroquias de Lousame e Porto do Son). Asimesmo, participaron membros de varias adegas, entre elas a valguesa Torres Augusti, que produce e comercializa viños coa etiqueta desta Indicación Xeográfica.

Entre as accións que se levarán a cabo proximamente para divulgar este proxecto, financiado a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), están dúas xornadas de dinamización, unha das cales terá lugar no territorio do GDR Salnés-Ulla Umia e contará coa participación de representantes institucionais e adegueiros dos concellos de Valga, Pontecesures e Catoira. Ademais, tamén se promoverá a celebración dun Túnel do Viño con exposición e catas comentadas dirixidas a profesionais e consumidores finais.

ReuniónIXP2

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver