Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A elevada taxa de contaxios recomenda limitar ao máximo as interaccións sociais

- O goberno local mandou unha carta aos Magos de Oriente e pediulles que na noite de Reis deixen igualmente os agasallos para os nenos de Valga, que lles serán entrados na volta ao colexio

ReyesMagos

Valga, 3 de xaneiro de 2022.

O goberno municipal tomou nas últimas horas a decisión de suspender a celebración da Cabalgata de Reis, prevista para este mércores, 5 de xaneiro.

A situación da pandemia, cunha elevada taxa de contaxios que afecta tamén ao noso municipio, aconsella actuar con prudencia, evitar as aglomeracións e limitar ao máximo as interaccións sociais para frear a expansión do virus. É por iso que o Concello entende que o máis sensato é non celebrar a actividade en vista de que pode conlevar unha aglomeración de persoas que poña en risco a saúde de todos.

O goberno local lamenta a situación, especialmente polos nenos que con ilusión agardaban a chegada desta data, por iso enviou unha carta a Melchor, Gaspar e Baltasar a través dos seus paxes para que no seu paso por Valga teñan a ben deixar uns agasallos para manter a maxia do Nadal entre os máis cativos. Estes regalos seranlles entregados aos nenos de Infantil e de 1º e 2º cursos de Primaria do CRA, e dos colexios de Baño e Ferro Couselo cando regresen ás clases a vindeira semana.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver