Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Iniciación á informática, a detección de virus ou a apliación Google Maps son algúns dos temas que se tratarán

- As actividades son gratuítas e os interesados en participar poden anotarse no Auditorio ou no Concello

ACemit

Valga, 13 de xaneiro de 2022.

A Aula CeMIT ten programadas para as vindeiras semanas varios seminarios e cursos para os que xa está aberto o prazo de inscrición. A detección de virus que poden danar os nosos dispositivos, a aplicación Google Maps ou iniciación á informática son algunhas das cuestións e temáticas sobre as que tratarán estas actividades.

A primeira terá lugar o vindeiro martes, día 18, en horario de tarde (17:00 horas) e será o seminario web “Aprende a detectar de forma sinxela virus en mails e páxinas web”. Ao realizar buscas a través de Internet é habitual que acceder a páxinas que non son totalmente seguras ou que incluso poden conter virus informáticos que afecten ao noso dispositivo. Isto mesmo sucede cos correos electrónicos, nos que é frecuente recibir mensaxes enviadas falsamente dende contas que parecen dos nosos contactos ou de persoas coñecidas pero que, en realidade, agochan intencións maliciosas. Por iso é preciso saber como detectar estas páxinas e mails e como actuar para evitar que os virus poidan danar o noso dispositivo.

Na última semana de xaneiro, o martes día 25, impartirase un novo seminario: “Google maps desde cero: Moito máis que un GPS”. Os GPS convertéronse nunha ferramenta moi útil para chegar a zonas que non coñecemos ben. Nesta liña, Google sumou funcionalidades a Google Maps ata convertela nunha das aplicacións fundamentais dos nosos teléfonos. Pero non soamente nos móbiles ten utilidade, senón que como ferramenta accesible desde o ordenador tamén pode darnos moita información interesante.

As persoas que estean interesadas en participar poden inscribirse no Concello (986 55 94 56) ou no Auditorio Municipal (986 55 67 69).

Ademais, tamén está aberto o prazo de inscrición noutros dous cursos que se impartirán proximamente: “Sácalle partido ao teu móbil” e “Iniciación á informática”. As datas nas que se celebrarán fixaranse unha vez estean formados os grupos de participantes.

Todas estas actividades son gratuítas.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver