Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A mostra pode verse no Auditorio Municipal durante todo o mes de febreiro

- Ramiro González, Adonis Ríos, Esmeralda L. Castro, Ana Rozas, Ánxela Taboada, Maria Pino, Maite Miñambres e Josina Gancedo son os autores das fotografías

PasoaPaso1

Valga, 8 de febreiro de 2022.

A exposición “Paso a paso”, que dende comezos do mes de febreiro pode verse no Auditorio Municipal, foi inaugurada onte polo alcalde, José María Bello Maneiro, ao que acompañou a concelleira Begoña Piñeiro. Ao acto asistiron, ademais, os protagonistas desta mostra colectiva, oito fotógrafos galegos que unen as súas obras neste proxecto comisariado por Fuco Reyes, mestre de todos eles.

Ramiro González, Adonis Ríos, Esmeranda L. Castro, Ana Rozas, Ánxela Taboada, Maria Pino, Maite Miñambres e Josina Gancedo son os fotógrafos que aportan imaxes á exposición, tres cada un. En total, vinte e catro obras que seguen un fío condutor para acadar que “o espectador se meta dentro de cada imaxe e vexa ese mundo que intentamos crear”. Hai diferentes estilos, diversas temáticas pero que teñen a súa conexión: son traballos moi persoais, “saídos da barriga”, sinalou Ramiro González, que remarcou que o Auditorio de Valga é a primeira sala de mostras na que recala “Paso a Paso” e agradeceu ao Concello as facilidades dadas dende o primeiro momento.

O alcalde, como é tradicional cada vez que se inaugura unha exposición, fixo entrega aos fotógrafos dunha réplica do cartel anunciador. Ademais, Bello Maneiro felicitounos polo seu traballo, de gran nivel e “moi diferente ao que estamos acostumados a ver” no Auditorio. Por iso anima a todos os veciños a que non perdan a oportunidade de velo.

PasoaPaso2 PasoaPaso3

PasoaPaso4 PasoaPaso5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver