Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As voluntarias traballan sobre o terreo para dar cobertura ás necesidades básicas dos daminificados pola erupción

- O goberno municipal síntese “orgulloso” do labor que están a desempeñar, un exemplo “da solidariedade que caracteriza aos nosos veciños”

Palma1

Valga, 9 de outubro de 2021.

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Begoña Piñeiro, na súa condición de traballadora social atópase dende hai días en La Palma a onde se trasladou como voluntaria de Cruz Vermella para participar no dispositivo de emerxencia que esta organización ten despregado na illa para axudar aos afectados pola erupción do volcán Cumbre Vieja.

A edila viaxou acompañada por outra veciña de Valga, Cándida Rodríguez, psicóloga voluntaria de Cruz Vermella, e estarán realizando labores de cooperación.

Cruz Vermella ten despregada en La Palma unha rede asistencial para prestar axuda aos veciños da illa que se viron afectados pola erupción, entre eles os máis de 6.000 evacuados dos seus fogares e persoas que se atopan en situación de emerxencia social despois de perder as súas vivendas e medios de vida.

As voluntarias da organización traballan sobre o terreo para dar cobertura ás necesidades básicas dos damnificados, habilitando zonas de aloxamento provisional ou acompañando aos veciños na retirada de enseres dos seus domicilios, entre outras accións. Ademais, tamén ofrecen servizo de apoio psicolóxico e atención psicosocial a aquelas persoas afectadas emocionalmente polo desastre.

O goberno municipal síntese “orgulloso” do labor que esta dúas valguesas están a desenvolver nuns momentos tan difíciles para a illa de La Palma, un exemplo “da solidariedade que sempre caracterizou aos veciños de Valga.

Palma1 Palma2

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver