- Os traballos incluíron a limpeza de cunetas, a mellora do firme e a instalación de canalizacións de pluviais nalgúns tramos

- Realizouse un investimento de 224.687 euros a través do Plan Concellos

AsfaltadosPC1

Valga, 5 de outubro de 2021.

Unha ducia de estradas de titularidade municipal contan con novo pavimento asfáltico unha vez rematadas as obras de acondicionamento executadas pola empresa Covsa e financiadas a través do programa provincial Plan Concellos.

Os traballos, que se levaron a cabo durante as últimas semanas, supuxeron o asfaltado de case 4,5 quilómetros de viais de distintas parroquias. Actuouse, en concreto, sobre as seguintes estradas: Carballa, Desabanda-Outeiriño, O Forno, Reguengo, Paredes, Laxes, Carracido, Baño, Moldes-Vilarello, Vilar, Raxoi e Balleas, que agora se atopan en condicións axeitadas para prestar un mellor servizo aos usuarios, tanto vehículos coma peóns.

O investimento que se realizou foi de 224.687’11 euros. Ademais do asfaltado con mestura bituminosa en quente de catro centímetros de espesor, tamén se realizaron traballos de limpeza de cunetas, realce de tapas de rexistro e, nalgúns tramos, instalación de canalizacións para a recollida de augas pluviais cos correspondentes sumidoiros.

AsfaltadosPC2 AsfaltadosPC3

AsfaltadosPC5

boton auditorio

boton edificio usos admin

boton casa cultura

boton codi

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton sede electronica

boton bandos

boton bella otero

boton rueiro

boton tokapp

boton directorio

Boton Obradoiro

boton tempo

Volver