Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- É unha actividade complementa á formación teórica e práctica que levan meses recibindo

- Nesta acción formativa, que se clausurará nas vindeiras semanas, participan dezaseis mozos desempregados

XóvenesVisitas1

Valga, 4 de outubro de 2021.

O alumnado de forestais do Obradoiro de Xóvenes Moraña-Valga, acompañado polo experto docente desta especialidade, a administrativa e a directora, participou o pasado venres en varias visitas formativas.

Achegáronse en primeiro lugar á Estación Fitopatolóxica do Areeiro, que presta un servizo de asesoramento ao sector agrícola en relación ás pragas e enfermidades que afectan aos diferentes cultivos e sobre as medidas de protección e control para evitar perdas a consecuencia destes patóxenos. Outra das liñas de traballo desta estación é a recuperación de variedades autóctonas galegas.

No recinto foron recibidos polo deputado provincial Manuel González, asistiron a unha charla sobre pragas e visitaron as distintas plantacións da finca.

A continuación, os aprendices do Obradoiro trasladáronse ao Centro de Investigación Forestal de Lourizán. Durante a visita guiada pola finca, dunhas 52 hectáreas de superficie, puideron coñecer algunhas das especies coas que alí se traballa. O CIF de Lourizán foi pioneiro no desenvolvemento e posta en práctica de produtos e tecnoloxías forestais. Nos seus máis de 75 anos de historia desenvolveu multitude de proxectos en diferentes áreas da investigación forestal, convertíndose nun dos principais axentes dinamizadores e divulgadores do sector forestal en Galicia.

Estas visitas son complementarias á formación teórica e práctica que veñen recibindo dende hai meses os alumnos do Obradoiro de Emprego. Neste proxecto, compartido polos concellos de Valga e Moraña, participan dezaseis mozos desempregados, nas especialidades de albanelería e forestais, co obxectivo de favorecer a súa inserción no mercado laboral.

O proxecto está cofinanciado polo Fondo Social Europeo nunha porcentaxe do 91’89%, a través do Programa Operativo 2014-2020.

XóvenesVisitas2 XóvenesVisitas3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver