Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os alumnos formáronse durante nove meses nas especialidades de forestais e carpintería

- Executaron obras en espazos públicos coma a instalación da nova varanda na Mina Mercedes e o acondicionamento de zonas verdes e áreas de lecer

ClausuraUUV 1

Valga, 29 de setembro de 2021.

A directora xeral de Formación e Colocación da Consellería de Emprego, Zeltia Lado, asistiu esta mañá no Auditorio Municipal á clausura do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia V, promovido conxuntamente polos concellos de Valga e Moraña e que se desenvolveu durante os últimos nove meses coas especialidades de carpintería e forestais.

No acto participaron tamén o alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Emprego, Carmen Gómez, así coma o rexedor de Moraña, José Cela. Acompañáronos o director do Obradoiro, Javier Saso, e o resto do equipo directivo e docente, ademais dos aprendices. Inicialmente foron seleccionadas para este proxecto vinte persoas desempregadas, das que dezaseis completaron a formación e recibiron o certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado.

A formación teórico-práctica recibida permitiu ao alumnado participante mellorar a súa cualificación profesional de cara á inserción no mercado laboral nun momento no que “escasea a man de obra e as empresas demandan profesionais”, destacaron os alcaldes. “É unha grande oportunidade e nas vosas mans está facer o último esforzo para conseguir un traballo”, dixéronlles aos aprendices.

Bello Maneiro agradeceu á Consellería de Emprego a súa aportación de case 347.000 euros para financiar o Obradoiro. “Sen ela sería inviable que os concellos sacaramos adiante este proxecto”, remarcou.

Pola súa parte, Zeltia Lado salientou que os Obradoiros de Emprego son “un dos mellores instrumentos para a mellora da empregabilidade” e lembrou que os concellos tamén obteñen beneficio destas accións xa que os aprendices executaron obras en espazos e instalacións públicas que “van a repercutir na calidade de vida dos veciños”.

No caso de Valga, os alumnos de carpintería instalaron unha nova varanda de madeira en todo o perímetro da lagoa Mina Mercedes e repuxeron tamén parte das varandas da praia fluvial de Vilarello. O módulo de forestais traballou no acondicionamento e limpeza de espazos verdes e áreas de lecer do municipio coma a praia de Vilarello, a Mina Mercedes ou o Parque Irmáns Dios Mosquera, entre outros.

ClausuraUUV 2 ClausuraUUV 3

ClausuraUUV 4           ClausuraUUV 5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver