Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Nestas actividades organizadas pola Deputación poden participar rapaces en idade escolar, entre 6 e 17 anos

- As inscricións deben facerse preferentemente por medios telemáticos, aínda que tamén poden presentarse no rexistro do Concello

Deporte Escolas cabecera

Valga, 22 de setembro de 2021.

As escolas deportivas de patinaxe e judo organizadas pola Deputación Provincial e que se desenvolverán en Valga durante os vindeiros meses teñen aberto o prazo de inscrición ata o día 4 de outubro.

Poden participar nas actividades, que terán lugar no pavillón municipal de Baño, rapaces en idade escolar residentes en calquera municipio da provincia. Os horarios establecidos para as sesións de judo son os martes de 16:00 a 16:45 para os nenos de 6 a 8 anos e de 17:00 a 17:45 para rapaces de 8 a 16.

No caso de patinaxe haberá tres grupos nos que se distribuirán, por idades, os participantes nados entre os anos 2004 e 2015. As sesións terán lugar os mércores entre as 17:45 e as 20:00 horas.

Aínda así, estes horarios poden sufrir variacións en función das inscricións.

Estas escolas deportivas teñen carácter gratuíto, comezarán durante o mes de outubro e prolongaranse ata maio de 2022. Aplicaranse os protocolos anti-Covid que no seu día foron aprobados polas federacións deportivas galegas para garantir a seguridade dos participantes. O uso das máscaras axustarase en todo momento ao establecido polas autoridades sanitarias, garantirase o mantemento da distancia de seguridade e evitarase o contacto físico con superficies e mobiliario, entre outras medidas.

As inscricións deben realizarse preferentemente por medios electrónicos, a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Deputación (https://sede.depo.gal). Aínda así, tamén é posible presentalas presencialmente no rexistro do Concello.

Unha vez rematado este primeiro prazo de inscrición, poderán consultarse as listas de inscritos na web da Deputación provincial. En caso de que quedaran prazas baleiras, abrirase un novo período de inscrición a partir do 1 de novembro.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver