Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Na primeira cita, o día 16, actuarán os músicos finalistas do concurso internacional

- O cuarteto Matangi e a pianista Ilona Timchenko serán os artistas que participarán no concerto do 20 de setembro

auditorioooo

Valga, 13 de setembro de 2021.

Valga é unha das sete localidades galegas nas que se desenvolve a XI edición do Festival “Peregrinos Musicais”, que ten programados dous eventos para os vindeiros días no Auditorio Municipal.

O primeiro concerto terá lugar este xoves, día 16, e estará protagonizado por seis xóvenes promesas que son os finalistas do concurso internacional “Peregrinos Musicais”. As actuacións darán comezo ás 20:00 horas e correrán a cargo de Sira Pellicer (saxofón), Xurxo Morales (saxofón), Alberto Sanz (violín), Emma Naegele (cello), Maddi Arriola (violín) eAlexandre Arurtyunyan (violín). Interpretarán obras de Chopin, Wieniawski e Tchaikovsky, entre outros, co acompañamento ao piano de Brais González.

A segunda actuación está fixada para o luns, día 20, tamén a partir das 20:30 horas. Subirán ao escenario o cuarteto holandés Matangi e a recoñecida pianista Ilona Timchenko, con máis de 20 premios ao longo da súa traxectoria e que actuou con algunha das orquestras máis prestixiosas de Europa. É, ademais, mestra do Centro Superior de Música de Valga.

As entradas para o concerto  do día 16 serán de balde e as do día 20 están á venda por un prezo de entre 6 e 9 euros.

 

PHOTO 2021 09 16 10 42 03

 

 

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver