Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Produtores destes dous lugares foron os gañadores do certame, que se celebrou entre o xoves e o venres

- Participaron un total de vinte e cinco licores, dos que catorce se clasificaron para a cata final

GanadoresCaña21

Valga, 29 de agosto de 2021.

O Concurso da Caña do País xa coñece aos seus gañadores da edición de 2021. Produtores de Senín e Campaña repartíronse os premios ás mellores augardentes branca, de herbas e tostada tralas catas celebradas o xoves e o venres.

Foron vinte e cinco as augardentes que se presentaron ao certame, das que catorce pasaron á cata final: cinco na modalidade branca, outras cinco de herbas e catro tostadas. Exerceron como catadores Manuel Blanco Picón, Mª Dolores Catoira Piñeiro, Juan Carlos García Busto e Ricardo Abuín Mariño, aos que se sumou este ano por vez primeira Marisa Vázquez Tubío.

Aínda que o fallo se produciu o venres non foi ata onte á noitiña cando se deron a coñecer os gañadores, durante o acto de entrega de premios da XXXI Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, que se celebrou no Parque Irmáns Dios Mosquera.

A mellor caña branca, gratificada con 300 euros, foi producida por Concepción Figueira Tanoira, de Senín, se ben o premio foi recolido por Jesús José Potel Garabán. En segundo lugar clasificouse Antonio Santiago Gregorio “Tucho”. O seu fillo, Francisco Santiago, representouno no acto de entrega de premios.

A modalidade de herbas foi a máis disputada xa que o xurado tivo que desfacer o empate que se produciu entre dous licores trala primeira votación. Finalmente, o primeiro premio (200 euros) foi para José Manuel Rodríguez Cerneira, de Campaña, e o segundo lugar ocupouno Mª Begoña Sanmiguel de la Torre, de Senín.

Estes dous produtores foron tamén os vencedores na terceira categoría do concurso, caña tostada, aínda que invertíndose os lugares. Mª Begoña Sanmiguel foi a gañadora (200 euros) e José Manuel Rodríguez foi segundo.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver