Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Ensalada, croqueta deconstruída e risotto foron as elaboración que degustaron os asistentes

- O mércores celébrase no xardín do Museo unha cata maridaxe que xa ten o aforo completo

UniversoAnguía3

Valga, 21 de agosto de 2021.

“Universo anguía” foi o nome da demostración culinaria que onte albergou o Centro de Interpretación da Caña do País e na que os cociñeiros de Indo e Vindo Gastronomía –Fran Jamardo, Rocío Garrido e Coque Fariña– descubriron todo un universo de posibilidades que ofrece este exquisito peixe, que se revelou coma un produto versátil e adaptable a todo tipo de pratos.

Precisamente este era un dos obxectivos da actividade: transmitir as múltiples alternativas á hora de cociñar anguía, ao marxe das receitas máis tradicionais –fritida, guisada ou en empanada–.

Unha vintena de persoas asistiron ao showcooking no que, ademais de seguir paso a paso o cociñado dos chefs, puideron degustar tres pratos salgados e un doce. Para abrir boca, unha ensalada con anguía en escabeche de cítricos e que incluía tamén, entre os seus ingredientes, leituga, laranxa ou xerminados de cebola.

A continuación serviuse unha deconstrución de croqueta de anguía, na que as diferentes elaboracións deste prato tradicional se presentaron por capas: un sofrito de cebola con anguía, unha bechamel lixeira, pan crocante e brotes.

Para rematar cos platos salgados, os comensais probaron un risotto con alga códium, anguía cociñada a baixa temperatura e braseada con soprete, sal de boletus e brotes de guisante.

O punto doce chegou na sobremesa, cunha bica branca clásica sobre crema de licor café e con froitos vermellos confeitados en caña tostada.

No evento colaboraron as empresas valguesas Bodegas Torres Augusti e Vermutería La Fabulosa, que se encargaron da maridaxe, e tamén a artesana Mar Barral, que aportou a vaixela na que se presentaron as distintas elaboracións.

Cata e showcooking de cócteles

As actividades gastronómicas continúan en Valga durante os vindeiros días. O mércores celebrarase no xardín posterior do Museo unha cata maridaxe para a que xa está o aforo completo, e o domingo 29 ao mediodía terá lugar o showcooking “Moito máis que caña”, no que se elaborarán cócteles coas diferentes variedades de augardente de Valga –branca, de herbas e tostada–. O prazo de para anotarse neste evento está aberto ata o día 27. A folla de inscrición pode descargarse a través da páxina web municipal (https://valga.gal/atencion-cidada/impresos-solicitudes) e debe presentarse cuberta no rexistro do Concello ou enviala ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

UniversoAnguía2 UniversoAnguía4

UniversoAnguía5 UniversoAnguía6

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver