Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Ademais da reparación do firme, limpáronse as cunetas e mellorouse a recollida de augas pluviais

- As obras leváronse a cabo dentro do Plan Marco de mellora de camiños municipais

CamiñoSixtoCarballiño1

Valga, 18 de agosto de 2021.

O Concello e a Consellería do Medio Rural veñen de investir 48.397’25 euros na mellora dunha pista municipal que discorre entre os lugares de Sixto e O Carballiño, na parroquia de Xanza. A actuación incluíuse dentro das obras subvencionadas polo Plan Marco, que ten entre os seus obxectivos o acondicionamento de camiños de titularidade municipal para favorecer a mobilidade nas zonas rurais.

A vía acondicionada discorre entre a estrada provincial EP-8503 (Cordeiro-Senín), á altura de Sixto, e outra estrada municipal no Carballiño, comunicado ámbalas dúas e dando servizo, en todo o seu percorrido, a parcelas agrícolas que agora contarán cun mellor acceso.

As obras executáronse nunha lonxitude de 550 metros e incluíron a limpeza de cunetas, mellora da recollida de augas pluviais, colocación de tubos nos sumidoiros e a reparación do firme e aglomerado do mesmo.

CamiñoSixtoCarballiño2 CamiñoSixtoCarballiño3

CamiñoSixtoCarballiño4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver