Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Vinte e dúas persoas asistiron á demostración culinaria a cargo dos chefs Coque Fariña, Fran Jamardo e Rocío Garrido

- Presentáronse tres pratos salgados e un doce que tiñan augardente de Valga entre os seus ingredientes

ShowcookingCaña1

Valga, 14 de agosto de 2021.

A auguardente de Valga, nas súas variedades branca, de herbas e tostada, foi a gran protagonista do primeiro showcooking do “Agosto Gastronómico”, que se celebrou na tarde-noite de onte no Centro de Interpretación da Caña do País.

Os cociñeiros Rocío Garrido, Fran Jamardo e Coque Fariña amosaron a versatilidade deste produto local e as múltiples opcións culinarias que ofrece, podendo introducirse tanto en pratos salgados coma doces.

Vinte e dúas persoas asistiron á demostración culinaria en vivo, na que os chefs presentaron tres elaboracións salgadas e un postre, todos eles con caña do país entre os seus ingredientes. O público puido seguir paso a paso cada unha das receitas e, despois, degustalas. “Carneiro de mar, codium e caña branca” foi o prato que abriu o menú, seguido de “Migas, foie e caña tostada” e “Tacos de polo e verduras flambeadas con caña de herbas”.

Unha “Deconstrución de torta de mazá e chocolate con caña de herbas” foi a sobremesa.

As tres variedades de augardente que se empregaron para a elaboración do menú foron as gañadoras do Concurso da Caña do País da última edición da Festa da Anguía e Mostra da Caña.

A maridaxe correu a cargo de dúas empresas valguesas. Os pratos salgados estiveron regados polos viños da bodega Torres Augusti, da Indicación xeográfica protexida Terras de Barbanza e Iria. O postre serviuse acompañado dunha crema de Vermutería La Fabulosa.

Tamén colaborou no evento a artesana Mar Barral, que aportou a vaixela decorada coa técnica do “Ecoprint”.

“Universo Anguía”

O próximo venres, 20 de agosto, terá lugar un novo showcooking co nome “Universo anguía” e no que este peixe será o denominador común en todos os pratos. O prazo de inscrición para todas as persoas que queiran asistir está aberto. A folla de inscrición pode descargarse a través da páxina web municipal (https://valga.gal/atencion-cidada/impresos-solicitudes) e debe presentarse cuberta no rexistro do Concello ou enviala ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

ShowcookingCaña2 ShowcookingCaña3

        ShowcookingCaña4         ShowcookingCaña5

ShowcookingCaña6 ShowcookingCaña7

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver