Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Persoal do CEIDA e a mestra composteira do Concello faláronlles sobre a separación de residuos e a compostaxe

- Os nenos participaron en xogos e obradoiros e crearon os seus propios minicomposteiros con botellas

EVRevitaliza4

Valga, 13 de agosto de 2021.

A educación ambiental tivo esta semana un peso importante nas actividades da Escola de Verán. O mércores coa visita da mestra composteira do Concello e esta mañá coa realización de xogos e obradoiros do Plan Revitaliza. O obxectivo e implicar aos rapaces na separación de residuos e na reciclaxe como unha vía para que eles transmitan nos seus fogares a importancia destas boas prácticas ambientais.

A mestra composteira, Silvia Torres, abriu o camiño o mércores falándolles aos cativos sobre a reciclaxe de residuos orgánicos, mediante a realización de xogos mediante os que descubriron que biorresiduos deben depositarse no composteiro e cales deben introducirse nos contedores de recollida selectiva.

Hoxe incidiuse na mesma idea coa visita de tres educadores do Centro de Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), que levaron a cabo varias actividades cos participantes na Escola de Verán no marco do proxecto divulgativo do Plan Revitaliza, no que colaboran o Concello e máis a Deputación.

O grupo do máis pequenos asistiu á posta en escena do contacontos “O xiravai de Ecocol”, no que un caracol lles contou o proceso da compostaxe mediante xogos e historias. Os nenos de 6 a 8 anos participaron no “Xogo da miñoca” –inspirado no tradicional Xogo da Oca–, no que tiveron que respostar preguntas e facer probas sobre a temática da compostaxe. Por último, os máis maiores crearon os seus propios microcomposteiros con botellas reutilizadas. Con eles poderán ir vendo nas súas casas como é proceso de descomposición dos residuos orgánicos ata a súa transformación en compost.

EVRevitaliza3 EVRevitaliza1

EVRevitaliza5 EVRevitaliza6

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver