Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Quérese así ampliar o número de especialistas que participan na elección das mellores augardentes

- O prazo para presentar licores brancos, de herbas e tostados está aberto

CataCaña20

Valga, 10 de agosto de 2021.

O Concello de Valga, con motivo da XXXI Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, abre un proceso para seleccionar a un catador para o Concurso da Caña do País, que se celebrará os días 26 e 27 de agosto.

O obxectivo é ampliar o número de especialistas en produción, destilado e cata da augardente que participan na elección dos mellores licores.

As persoas interesadas en incorporarse aos actuais catadores deben poñerse en contacto co Departamento de Cultura do Concello. Teñen de prazo ata o día 20 de agosto.  Valoraranse a experiencia ou os coñecementos sobre a elaboración tradicional da augardente.

Presentación de licores

En paralelo está tamén aberto o prazo para participar no Concurso da Caña do País, ao que poden concorrer destiladores artesanais dados de alta no rexistro da Axencia Tributaria e que estean empadroados en Valga.

O certame consta das tres modalidades habituais: caña branca, tostada e de herbas. Os interesados en participar deben acudir ás oficinas municipais a solicitar as botellas para presentar os licores. O prazo permanecerá aberto ata as 14 horas do día 25 de agosto.

O produtor da mellor caña branca será gratificado con 300 euros, mentres que os primeiros premios dos licores de herbas e tostado ascenderán a 200 euros. Os segundos clasificados recibirán un trofeo e un diploma conmemorativo.

 

Cat1

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver