Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Un dos módulos traballa no acondicionamento dos vestiarios do pavillón municipal de Beiro

- Os aprendices da outra especialidade atópanse na Mina Mercedes realizando tarefas de desbroce

XovenesPavillon1

Valga, 29 xullo de 2021.

O alumnado do Obradoiro de Emprego “Xóvenes”, promovido polos concellos de Valga e Moraña, iniciou esta semana a execución das obras previstas no proxecto no noso municipio.

O alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Formación e Emprego, Carmen Gómez, visitaron esta mañá aos aprendices das especialidades de albanelería e forestais, un total de dezaseis mozos de entre 18 e 30 anos de idade.

O módulo de albanelería atópase traballando no pavillón municipal de Beiro, en Cordeiro, onde realizan obras de reforma dos vestiarios e aseos. A actuación inclúe a demolición das vellas instalacións, o repicado de azulexos e plaqueta, unha nova distribución das duchas e aseos (que serán adaptados a persoas con mobilidade reducida) e a colocación de novos revestimentos.

Pola súa parte, os alumnos da especialidade de forestais iniciaron as súas accións en Valga na lagoa Mina Mercedes, onde levan a cabo tarefas de limpeza e desbroce en toda a área de lecer e na súa contorna.

Durante a visita, o alcalde dirixiuse aos aprendices para animalos a aproveitar esta oportunidade formativa para aprender un oficio que no día de mañá lles pode abrir as portas do mercado laboral. Tamén lles pediu “responsabilidade e compromiso” para que a experiencia sexa proveitosa, tanto para eles coma para os veciños.

O obradoiro “Xóvenes Moraña-Valga” deu comezo no mes de novembro do pasado anos e ten unha duración de doce meses. É cofinanciado polo Fondo Social Europeo nunha porcentaxe do 91’89% a través do programa Operativo 2014-2020.

 

XovenesPavillon2 XovenesPavillon3

XovenesPavillon4 XovenesPavillon5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver