Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Estivo esta mañá na Escola de Verán para explicarlles aos rapaces o proceso de compostaxe

- Mediante xogos, descubriron cales son os restos que poden depositarse no composteiro

EVCompostaxe1

Valga, 28 de xullo de 2021.

A concienciación ambiental dos máis cativos está a ser unha das accións máis traballadas na Escola de Verán, que dende mediados de xullo se desenvolve nas instalacións do colexio de Baño con trinta participantes nesta primeira quenda.

Durante as últimas semanas os rapaces, de entre 4 e 14 anos de idade, realizaron murais sobre o medio natural, saíron de ruta para facer inventarios de árbores e plantas e fixeron os seus propios cultivos de hortalizas. Aproveitando o invernadoiro do colexio, plantaron leitugas e cenorias, unha actividade que repetirán en datas vindeiras os participantes na segunda quenda da Escola de Verán, que terá lugar entre o 2 e o 20 de agosto.

Seguindo nesta liña de temática ambiental, esta mañá foi o turno da compostaxe. A mestra composteira do Concello, Silvia Torres, desprazouse ao CEIP Baño-Xanza para explicarlles aos nenos como se poden reciclar os residuos orgánicos. Divididos en tres grupos, os rapaces realizaron xogos para descubrir que biorresiduos deben depositarse no composteiro para producir abono natural e cales se teñen que introducir nos contedores de recollida selectiva.

Algúns dos nenos xa coñecían a compostaxe, ben porque teñen un composteiro nos seus fogares (o Concello distribuíu máis de mil a través do Plan Revitaliza) ou nas súas escolas.

A mestra composteira despediuse repartindo agasallos: bolsas para a merenda, libretas e lapiseiros do Plan Revitaliza.

EVCompostaxe2 EVCompostaxe3

EVCompostaxe4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver