Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O azude, que alimentaba un muíño e un lavadoiro no lugar da Torre, provocaba o desbordamento do cauce e as afeccións chegaban ata Baño

- No río Soutiño xa se actuou en dous dos tres tramos que recolle o proxecto, que financia Augas de Galicia con case un millón de euros

torre1

 

Valga, 23 de febreiro de 2018.

As obras para previr asolagamentos, que executa a empresa Ogmios Proyecto e son financiadas por Augas de Galicia con preto dun millón de euros, trasladáronse nas últimas semanas ao lugar da Torre (Campaña), onde se eliminou unha presa que elevaba o nivel da auga do río Valga e derivaba parte do caudal para dar servizo a un muíño e un lavadoiro tradicionais existentes no lugar.

Esta represa causaba, en épocas de moito caudal, o desbordamento do río e a auga non só asolagaba as fincas do entorno senón que chegaba tamén á zona de Baño, nas inmediacións da farmacia e do Centro de Saúde. As obras que se executaron nesta zona conlevaron, ademais da eliminación da presa, o traslado augas arriba da toma que alimenta ao lavadoiro e ao muíño.

Tamén no río Valga, xa está executada a prolongación con gavións da defensa da marxe esquerda -a marxe dereita xa se atopaba encauzada- nun tramo duns setenta metros de lonxitude na zona de Souto.

No tocante ao río Soutiño, na zona da Devesa, onde se acometen o groso das obras, actuose xa en dous dos tres tramos que recolle o proxecto. No primeiro, o máis próximo á vía do ferrocarril, e no segundo, augas abaixo ata a estrada, limpouse o cauce, elimináronse obstáculos que dificultaban a circulación da auga e construíronse gavións laterais. Están pendentes de executar os traballos de colocación dun novo marco de maior capacidade baixo a estrada e as obras de ensanche do cauce no terceiro tramo do regato, que discorre tralas vivendas.

Antes de acometerse estas obras, o entorno do río Soutiño inundábase con facilidade e de forma periódica debido á súa proximidade coa confluencia do Ulla, ao efecto barreira das infraestruturas e á escasa sección hidráulica do cauce. Para rematar con esta situación, o proxecto que se está a executar aumentará a capacidade do río para previr os desbordamentos durante unha eventual avenida de 100 anos de período de retorno, mantendo un cauce de augas baixas coa maior velocidade posible para evitar sedimentacións.

torre2 devesa1 devesa3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver