- O tráiler envorcou nunha curva, perdeu a carga de conxelados e causou un vertido de combustible

- Na xornada de onte os efectivos do Grupo de Emerxencias actuaron nun incendio nun vehículo e nunha colisión entre tres vehículos

camión

Valga, 22 de febreiro de 2018.

Efectivos do Grupo de Emerxencias de Valga actúan dende esta mañá no acccidente dun camión na estrada PO-548 á altura de Abalo (Catoira). Ás 9:30 horas o vehículo articulado destinado ao transporte de conxelados e que circulaba en dirección a Vilagarcía envorcou na marxe dereita da estrada, a escasos metros do cauce do río Ulla. O conductor conseguiu saír do interior da cabina polo seu propio pé e só sufriu feridas de carácter leve das que foi atendido no lugar, sen necesidade de ser trasladado a un centro santiario.

Debido ao accidente, a caixa de carga quedou esnaquizada, perdendo boa parte dos produtos conxelados que transportaba. Ademais, tamén se viu afectado o depósito de combustible, causando un vertido. Mediante a aplicacación de terra, os medios desprazados ao punto lograron confinar e conter o vertido sen que se producisen riscos. Posteriormente, coa intervención dos Bombeiros da subsede de Vilagarcía que contaban co equipamento axeitado, prodeceuse a efectuar o trasvase do combustible.

Ainda que a envorcadura se produciu fóra da estrada, persoal da Axencia Galega de Infraestruturas desprazouse á zona para acometer tarefas de limpeza e restablecer as condicións de seguridade para a circulación.

Os efectivos do GES de Valga continúan aínda ao mediodía no punto do accidente. Estase a recoller a carga do camión para, posteriormente e con axuda de grúas, retirar o vehículo.

Na xornada de onte o Grupo de Emerxencias de Valga interviu nun incendio que se declarou nun vehículo estacionado no garaxe do edificio número 15 da Rúa Estación de Pontecesures. Segundo as primeiras hipótesis foi un cortocircuíto no cadro eléctrico o que provocou o lume no turismo. Á chegada do GES ao lugar, o lume xa se extinguira por falta de osíxeno e  a Policía Local de Pontecesures se atopábase xa no garaxe con dous extintores. Os efectivos do GES procederon a ventilar o vehículo, que sufriu danos no cadro eléctrico en nun asento dianteiro, e tamén o garaxe, esta última tarefa en colaboración con bombeiros da subsede de Vilagarcía.

Tamén onte actuaron na estrada N-640 no lugar de Saiar (Caldas de Reis), onde tivo lugar un accidente de tráfico con tres vehículos implicados. Un deles circulaba en dirección a Vilagarcía cando foi embestido por outro turismo que intentou adiantalo pola marxe dereita. Os dous colisionaron despois cun terceiro coche que circulada en sentido contrario. Unha persoa resultou ferida e foi trasladada ao Hospital do Salnés. Neste accidente interviñeron, ademais do GES, a Policía Local de Caldas, a Garda Civil de Tráfico e o 061.

accidente1 accidente4

boton auditorio

boton casa cultura

boton codi

boton sede electronica

boton bandos

boton youtube largo

boton bella otero

boton rueiro

boton directorio

boton radio

boton tempo

Volver