Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Haberá tres quendas entre os meses de xullo e agosto e aceptaranse 30 participantes en cada unha

- O prazo de inscrición estará aberto entre os días 15 e 25 de xuño

 

Valga, 14 de xuño de 2019.

Despois dun ano de parón debido á pandemia, o Concello volve a organizar a Escola de Verán como unha medida gratuíta e facilitadora da conciliación familiar e un espazo lúdico e formativo para os máis pequenos.

As actividades diríxense a nenos empadroados en Valga con idades comprendidas entre os 4 e os 14 anos. Debido á situación sanitaria adoptaranse unha serie de medidas de prevención, polo que as prazas estarán limitadas a 30 por quenda e as actividades desenvolveranse nun espazo aberto como é o patio do colexio de Baño.

Haberá tres quendas: entre o 12 e o 30 de xullo, do 2 ao 20 de agosto e entre o 23 e o 31 de agosto. Terán preferencia á hora de cubrir as prazas familias nas que traballen os dous proxenitores, sexan familia monoparental, numerosa ou teña nao seu cargo persoas dependentes con grao recoñecido e non teñan alternativa de conciliación. Tamén se priorizarán aqueles casos nos que haxa informe dos Servizos Sociais recomendando a participación no programa debido a necesidades sociais ou educativas.

Aínda así tamén poden inscribirse nenos que non cumpran estes requisitos, xa que en caso de quedar prazas vacantes, cubriranse segundo o nivel de renda e por orde de inscrición. O prazo para anotarse estará aberto entre o 15 e o 25 de xuño, debendo presentarse a folla de inscrición no rexistro do Concello.

Os participantes na Escola de Verán realizarán xogos e propostas lúdicas, actividades sobre vida saúdable, contos e dinámicas, música e baile e roteiros, entre outras. Fomentaranse valores baseados na igualdade de xénero e na concienciación dos rapaces para construír un mundo máis respectuoso, igualitario e xusto.

Desenvolveranse de luns a vernes de 9:00 a 14:00. Entre as 9:00 e as 10:00 terá lugar a entrada escalonada dos inscritos, e de 13:00 a 14:00 a saída.

Folla de inscrición

EscolaVerán2021

 

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver