Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O proxecto, co que se vai dotar aos tres lugares de rede de sumidoiros, conleva unha inversión de 350.362 euros

- A instalación do colector e dos pozos de rexistro permitirá eliminar as fosas sépticas e pozos negros

martores1

Valga, 21 de febreiro de 2018.

O Concello de Valga continúa a impulsar proxectos para ofrecer servizos aos veciños do municipio. A empresa Construcións, Obras e Viais (Covsa) deu comezo ás obras de execución do saneamento no lugar de Martores, un proxecto que incluirá tamén a dotación de alcantarillado ás aldeas de Vilares e Laceiras, posto que a adxudicataria o ofertou como mellora.

A actuación conta cun orzamento de 350.362’20, dos cales 289.555,54 corresponden ao prezo do contrato e os restantes 60.806,66 ao IVE. Conlevará a colocación dun colector para ampliar a rede municipal de saneamento ata estes tres lugares da parroquia de San Miguel de Valga, o que permitirá a evacuación das augas residuais procedentes das vivendas, eliminando os pozos negros e fosas sépticas e poñendo fin ás verteduras en superficie de augas residuais poden provocar problemas de salubridade.

En concreto, executarase un colector de saneamento con tubaxe de PVC de 315 milímetros de diámetro interior e os seus correspondentes pozos de rexistro para posibilitar  as acometidas ás vivendas e a limpeza da rede. O prazo de execución é de tres meses. En paralelo, preténdese instalar tamén as tubaxes para o abastecemento de augas.

As obras que recolle este proxecto son, para o goberno municipal, “outro paso importante para seguir dando acceso ás redes xerais de saneamento á veciñanza de Valga que aínda non conta con este servizo”.  Nos últimos meses acometéronse obras de mellora e ampliación do alcantarillado en Vilar, Parafita e Seixa e está proxectada tamén unha actuación en Barcia, onde se eliminará un pozo de bombeo para colocar unha nova tubaxe ata o lugar de Forno.

martores2

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver