Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O acto tivo lugar no Auditorio coa asistencia dos alcaldes de Valga e Vilanova e representantes municipais de Catoira e Pontecesures

- Dende a presentación da marca en Fitur, doce touroperadores interesáronse por comercializar este produto

MarSantiagoWeb1

Valga, 31 de maio de 2021.

“Mar de Santiago” elixiu Valga para presentar esta mañá a páxina web promocional desta marca turística que pon en valor a ruta xacobea marítimo-fluvial e os recursos dos catro concellos polos que discorre: Vilanova, Catoira, Valga e Pontecesures. O acto celebrouse no Auditorio municipal coa asistencia do alcalde, José María Bello Maneiro, e dos concelleiros Malena Isorna, Pedro Calvo e Begoña Piñeiro, aos que acompañaron o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, e Laura Villar e Iván Caamaño en representación de Pontecesures e Catoira.

Trátase dunha web moi visual, na que prima a imaxe sobre o texto, para tratar de crear impacto no usuario, que pode obter información para as distintas fase da súa viaxe, dende a planificación ata a súa estadía nos territorios de “Mar de Santiago”. Seccións coma “Descobre”, “Planifica a túa viaxe” ou “Que ver e que facer” permiten ao internauta coñecer os atractivos que ofrecen os catro concellos que, ademais, contan cun “microsite” no que cada municipio adquire entidade propia e que inclúe información sobre os seus recursos e unha galería fotográfica.

A través de www.mardesantiago.com, que está traducida ao galego, castelán e inglés, trátase de atraer a distintos tipos de visitantes con apartados coma “Gastronomía”, “En familia” ou “Turismo activo”, que ofrecen diferentes alternativas de ocio. Ademais, dentro da sección “Multimedia” pódense descargar o mapa da ruta e os folletos e guías promocionais que se editaron e que foron presentados hai uns días en Fitur.

A participación na feira de Turismo de Madrid comeza a dar froitos. A pasada semana catro touroperadores interesáronse pola comercialización do produto “Mar de Santiago” e o vindeiro venres está prevista unha xuntanza con outros oito. “Isto dá unha idea do éxito que foi a presentación en Fitur”, destacou Bello Maneiro. “Temos que seguir nesta liña de traballo para dar a coñecer os nosos concellos e conseguir que cada vez haxa máis visitantes, contribuíndo a que os sectores hostaleiro e comercial poidan mellorar a súa situación despois de pasalo tan mal debido á pandemia”. O alcalde remarcou que “temos moita materia prima para poñer en valor e que pode atraer a turistas non só de Galicia, senón tamén de toda España e do estranxeiro”.

Na mesma liña, o rexedor de Vilanova apelou ao traballo conxunto dos catro concellos. “A unión fai a forza e permite que municipios pequenos poidamos atopar tamén o noso oco turístico. Este vai ser o verán do fin da pandemia e debemos estar ben posicionados para relanzar os nosos produtos” culturais, históricos, paisaxísticos e gastronómicos.

MarSantiagoWeb2 MarSantiagoWeb3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver