Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O franciscano natural de Cordeiro foi nomeado Fillo Predilecto de Valga

- Donou ao Concello 15.000 volumes cos que se creou a maior biblioteca teolóxica pública de Galicia

PaiIsorna

Valga, 29 de maio de 2021.

José Manuel Isorna Ferreirós, o Pai Isorna, (1921-2016) cumpriría no día de hoxe 100 anos, unha data na que o Concello e o goberno municipal queren lembrar a súa figura e o seu legado, coma un dos persoeiros e intelectuais máis relevantes de Valga.

O franciscano natural de Cordeiro, nomeado Fillo Predilecto do concello, foi un gran defensor do idioma galego. Foi membro correspondente da Real Academia Galega dende 1967 e publicou numerosos textos relacionados coa teoloxía e con Galicia. Foi un dos primeiros sacerdotes en misar en galego, sendo moi populares entre o público as misas dominicais que oficiaba na Televisión de Galicia.

Durante décadas exerceu como delegado diocesano de medios de comunicación social do Arzobispado de Santiago e desenvolveu tamén a súa propia faceta xornalística colaborando con distintos medios nos que publicaba artigos.

En 2011, cinco anos antes do seu falecemento, o Pai Isorna donou ao Concello de Valga uns 15.000 volumes da súa biblioteca privada, cos que se creou no Auditorio Municipal a maior biblioteca pública de teoloxía de Galicia.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver