- Foi impartida pola mestra composteira Silvia Torres e incluíu unha charla no Auditorio e visitas aos composteiros comunitarios

- Tamén lles recordou como deben separarse o resto de residuos nos correspondentes contedores

CompostaxeObradoiro1

Valga, 25 de maio de 2021.

A mestra composteira do Concello, Silvia Torres, impartiu esta mañá unha xornada formativa sobre compostaxe e a xestión de biorresiduos ao alumnado das especialidades de carpintería e forestais do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia V.

Os aprendices asistiron primeiro a unha charla no Auditorio Municipal na que se lles explicaron nocións básicas sobre a reciclaxe dos residuos orgánicos. A mestra composteira faloulles sobre a compostaxe en xeral e tamén da implantación do Plan Revitaliza en Valga, no que colaboran o Concello e a Deputación. Este programa supuxo ata o de agora a creación de tres centros de compostaxe comunitaria e o reparto de preto de mil composteiros domésticos entre as familias do municipio.

Esta charla aproveitouse para ofrecer ao alumnado información de refresco sobre a separación de residuos en xeral, lembrándolles que tipo de lixo debe depositarse en cada contedor.

Trala explicación teórica, os participantes no Obradoiro realizaron senllas visitas aos centros de compostaxe comunitaria da Avenida da Coruña e da rúa Doutor de Oya Salgueiro para comprobar in situ como se desenvolve o proceso de xestión dos biorresiduos dende que se depositan ata que se obtén abono natural.

CompostaxeObradoiro2 CompostaxeObradoiro3

boton auditorio

boton edificio usos admin

boton casa cultura

boton codi

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton sede electronica

boton bandos

boton bella otero

boton rueiro

boton tokapp

boton directorio

Boton Obradoiro

boton tempo

Volver