Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A instalación facilitará o subministro de material estruturante para a compostaxe

- As obras acaban de saír a licitación por un importe de 49.808 euros e están subvencionadas pola Consellería de Medio Ambiente

TrituradoraBiomasa

Valga, 12 de maio de 2021.

O Concello de Valga realiza un novo investimento para complementar a súa aposta pola reciclaxe dos residuos orgánicos a través da compostaxe. Trátase da construción e acondicionamento dun punto de tratamento de restos vexetais e acopio de material estruturante, que estará ubicado no entorno do Punto Limpo municipal, nunhas parcelas adquiridas polo Concello. A actuación acaba de saír a contratación cun orzamento de 49.808 euros.

Instalarase unha estrutura metálica de 15x10 metros de dimensións aproximadas, pechada na parte traseira e nun dos seus laterais, con cuberta a dúas augas e solo de formigón. Nela acumularanse os restos de poda e limpeza resultantes dos traballos de xardinería efectuados no municipio para trituralos e empregalos como estruturante para o proceso de compostaxe, tanto comunitaria como individual.

Esta actuación é sufragada entre o Concello e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a través dunha liña de subvencións en materia de residuos, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa Feder Galicia 2014-2020.

Parte desta axuda, que ascendeu a 59.800 euros, xa se executara a finais do pasado ano, coa adquisición de caldeiros para a separación dos residuos orgánicos que se distribuíron entre os veciños. Tamén se levou a cabo unha campaña de información e sensibilización sobre a compostaxe, coa edición de manuais explicativos sobre este proceso de xestión dos biorresiduos, a creación de pancartas divulgativas e adhesivos.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver