Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As entradas poden adquirirse a través da plataforma Ataquilla.com

- A agrupación estará dirixida por José Trigueiros e acompañada pola frauta solista María José Ortuño

concertoOSG1

Valga, 10 de maio de 2021.

Os amantes da música están de parabéns xa que o Auditorio Municipal recibirá neste mes de maio á Orquestra Sinfónica de Galicia.

O concerto, unha das grandes citas culturais do que vai de ano en Valga, terá lugar o vindeiro día 20 a partir das oito da tarde e as entradas xa están á venda a través da plataforma Ataquilla.com (https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/musica-clasica/auditorio-municipal-valga/12105--concerto-orquesta-sinfonica-de-galicia.html).

A agrupación estará dirixida por José Trigueiros e contará coa frauta solista María José Ortuño. O programa que intepretarán estará integrado polas seguintes obras: “Petite Suite” de Claude Debussy, “Concerto para frauta” de Jacques Ibert e “Sinfonietta” de Francis Poulenc.

Creada en 1992 polo Concello da Coruña, a Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) é unha das agrupacións orquestrais de maior proxección en España. Foi orquestra residente do Festival Rossini de Pésaro de 2003 a 2005 e do Festival Mozart de A Coruña dende a súa creación en 1998. Ademais, a súa presenza nacional e internacional ten sido constante, con concertos nas mellores salas de España e varias xiras por Alemaña e Austria. En 2007 realizou unha xira por América do Sur –con concertos en Chile, Arxentina, Brasil, Uruguay e Montevideo–, a finais de 2009 presentouse na histórica sala do Musikverein de Viena e en 2016 ofreceu dous concertos nos Emiratos Árabes.

A OSG conta con solistas de primeiro nivel e con ela teñen cantado Alfredo Kraus, Plácido Domingo ou Ainhoa Arteta, entre outras figuras do panorama musical nacional e internacional. No ano 2006 foi nominada aos premios Grammy na categoría de mellor álbum clásico do ano polo disco “Concierto Barroco”, editado por EMI e para o que contou coa colaboración do guitarrista Manuel Barrueco. Foi premiada coa Medalla de Ouro da Real Academia Galega de Belas Artes e, en 2010, recibiu o Premio Cultura Galega da Música.

A canle de Youtube da Sinfónica de Galicia é o máis visto do sector en España e un dos máis visitados a nivel europeo: con máis de once mil suscriptores, os vídeos da agrupación suman case un millón e medio de visualizacións no último ano dende 227 países diferentes. Este éxito internacional da súa canle e as retransmisións en streaming HD, iniciadas na temporada 14-15, supuxéronlle unha nominación ao Classical: Next Innovation Award 2015. Estas retransmisións permitiron que o público da OSG seguira gozando coa música clásica durante os últimos meses a pesar das restricións pola pandemia.

concertoOSG

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver