Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os dous vehículos foron cofinanciados pola administración local e a Deputación a través do Plan Revitaliza

- O alcalde e o vicepresidente provincial asistiron esta mañá ao acto de entrega

VehículosRevitaliza1

Valga, 27 de abril de 2021.

O alcalde, José María Bello Maneiro, e o vicepresidente da Deputación, César Mosquera, asistiron esta mañá ao acto de entrega ao Concello de dous novos vehículos para o servizo de compostaxe: un camión carrozado con grúa e un furgón con remolque que foron cofinanciados polo Concello e a Deputación provincial no marco do Plan Revitaliza. O investimento foi de 100.000 euros.

O camión permitirá o traslado por arrastre da máquina trituradora de biomasa que o Concello adquiriu tamén ao abeiro deste plan. Ademais, este vehículo empregarase para o traslado do material estruturante, así como pólas e demais restos vexetais para a súa trituración en destino, facilitando e axilizando a distribución do material necesario para que o proceso de compostaxe se leve a cabo correctamente.

O furgón con remolque será empregado pola mestra composteira para os seus desprazamentos aos domicilios dos veciños que participan no programa para o control dos composteiros.

Ambos vehículos foron subministrados pola empresa Talleres Santiago Iglesias S.L.

O alcalde explicou durante o acto de entrega que a súa adquisición resultaba “imprescindible para o bo funcionamento do programa de compostaxe” que se está a implantar en Valga dende hai meses e que “está a funcionar moi ben. Xa se entregaron máis de 900 composteiros individuais entre os veciños e crearonse tres centros de compostaxe comunitarios” na Avenida da Coruña, no colexio de Baño e na rúa Doutor de Oya Salgueiro. Neste último centro foi onde tivo lugar o acto desta mañá, de maneira que as autoridades tiveron ocasión de comprobar o resultado das obras de acondicionamento que se levaron a cabo no entorno e que tamén foron financiadas a través do Plan Revitaliza.

Bello Maneiro agradeceu ao vicepresidente da Deputación a súa colaboración neste proxecto, e amosouse convencido de que tanto o Concello coma os veciños conseguirán sacarlle partido. Pola súa parte, Mosquera asegurou que “Valga pode ser un bo exemplo nesta zona de como facer as cousas ben” no fomento da compostaxe.

VehículosRevitaliza2 VehículosRevitaliza3

VehículosRevitaliza4

 

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver