Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As persoas que queiran asistir teñen que chamar ao Concello (986 55 94 56) para solicitar cita

- Dende a posta en marcha do Plan Revitaliza xa se levan distribuído case 900 composteiros individuais

ValgaComposta

Valga, 22 de abril de 2021.

A Oficina de Compostaxe do Concello ten previsto rematar a vindeira semana as xuntanzas nas distintas parroquias para a entrega de composteiros domésticos aos veciños. As últimas datas fixadas son o 27 de abril no Centro Social de Xanza e o día 29 no Centro Social do Pino. As persoas convocadas a estas reunións están a ser citadas mediante correo postal.

Ademais, a comezos do mes de maio terán lugar outras dúas xornadas de entrega en horario de tarde. Será os días 5 e 12 e estas sesións estarán destinadas a aquelas persoas que xa foran citadas nas súas respectivas parroquias para recoller o composteiro pero que, por motivos laborais ou outros, non puideron asistir. Os veciños que se atopen nesta situación e que estean interesados en contar cun composteiro para reciclar os residuos orgánicos xerados no seu fogar teñen que chamar por teléfono ao Concello (986 55 94 56) para solicitar cita.

Dende a posta en marcha do Plan Revitaliza a finais de 2020, xa se teñen repartido preto de 900 composteiros domésticos entre os veciños de Valga. Ademais, instaláronse tres centros de compostaxe comunitaria na rúa Doutor de Oya Salgueiro, no colexio de Baño e na Avenida da Coruña.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver