Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Varias brigadas traballan estes días nas zonas de San Miguel, Os Martores e Setecoros

- O proxecto tamén inclúe a instalación de redutores de velocidade en viais das cinco parroquias

ObrasEstradasPC

Valga, 16 de abril de 2021.

As obras de mellora e pavimentación de estradas contratadas polo Concello están en execución dende comezos desta semana. En concreto, este proxecto inclúe actuacións de acondicionamento en catro viais de titularidade municipal que se atopan en deficientes condicións, co obxectivo de ofrecer un servizo axeitado aos usuarios, tanto peóns coma vehículos.

Varias cuadrillas de operarios están a traballar nestes días en San Miguel, na pavimentación dun camiño que conecta a estrada EP-8501 e o Parque Irmáns Dios Mosquera, e na zona dos Martores, onde se acondiciona un vial dende a entrada da aldea ata a capela de San Mamede. Ademais xa están rematados os traballos de asfaltado nunha pista de Igrexa (Setecoros), onde tamén está previsto o acondicionamento da zona de estacionamento contigua ao templo parroquial. Outra das estradas que se mellorarán no marco deste proxecto atópase en Cimadevila.

Ademais das pavimentacións, tamén se levarán a cabo outras accións tendentes a mellorar a seguridade viaria, coma a instalación de redutores de velocidade en estradas das cinco parroquias de Valga.

Nestas obras invístense 123.590’56 euros que se financian a través do Plan Concellos da Deputación.

ObrasEstradasPC2 ObrasEstradasPC3

ObrasEstradasPC4

 

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver