Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os concelleiros Carmen Gómez, Malena Isorna e Pedro Calvo entregáronlle esta mañá os vales de compra

- A papeleta premiada foi repartida por Taxi Mari

MercaValgaMarzo1

Valga, 15 de abril de 2021.

Os concelleiros do goberno municipal Carmen Gómez, Malena Isorna e Pedro Calvo fixeron entrega do premio da campaña de apoio ao comercio local Merca-Valga correspondente ao mes de marzo. A gañadora foi Dolores Agrasar de Villanueva, veciña da Avenida da Coruña, que resultou agraciada con 500 euros en vales de compra.

Ela era a portadora da papeleta co número 5235, coincidente coas últimas catro cifras do primeiro premio do sorteo da Lotaría Nacional do día 27 de marzo. O boleto entregoullo Taxi Mari.

A entrega dos 500 euros realizouse esta mañá na parada de taxis da Avenida da Coruña, coa presenza da gañadora, os representantes do Concello e a taxista que entregou o premio. Os vales poderán canxearse ata o 30 de xuño nos máis de setenta establecementos comerciais adheridos a esta campaña promovida polo goberno local para incentivar as compras nas tendas e negocios de Valga e reactivar a economía no municipio durante a pandemia da Covid-19. Esta é xa a segunda edición de Merca-Valga.

Son en total 74 os establecementos adheridos de sectores moi diversos coma a alimentación, a hostalería, a automoción, o téxtil, o deportivo ou xardinería e produtos agrícolas, entre outros. Tamén hai farmacias, estancos, salóns de peiteado e estética, logopedias, estudos de fotografía, ferraxerías, carpinterías, taxis, hoteis ou consultorías.

Ao realizar as súas compras, os clientes destes comercios reciben boletos numerados e o premio recae naquela papeleta que coincida coas catro últimas cifras do último sorteo da Lotaría Nacional de cada mes. O próximo sorteo terá lugar o día 29 de abril.

MercaValgaMarzo2

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver