Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

-Os traballos son executados polo alumnado do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia V

- Os aprendices de carpintería son os encargados de preparar, vernizar e instalar todas as pezas da estrutura

VarandaLagoa1

Valga, 14 de abril de 2021.

A lagoa Mina Mercedes xa conta cunha nova varanda na metade do seu perímetro. Os traballos que dende hai pouco máis dun mes executan os alumnos da especialidade de carpintería do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia V están visiblemente avanzados, contribuíndo tanto ao embelecemento deste espazo de lecer como, fundamentalmente, á súa seguridade.

As primeiras semanas dos traballos centrouse, principalmente, na instalación dos postes sobre os que se asenta a estrutura. Agora os aprendices están a colocar as demais pezas que integran a varanda. os listóns que conectan os postes, as travesas e pasamáns. Ademais de colocalos, estes elementos son tamén preparados e vernizados polos alumnos do Obradoiro

En paralelo á instalación da nova varanda, estase a retirar a vella estrutura.

O Obradoiro de Emprego Ulla-Umia V, promovido conxuntamente polos concellos de Valga e Moraña e no que participan un total de vinte persoas desempregadas nas especialidades de carpintería e forestais, ten unha duración de nove meses. Finánciase cunha aportación económica da Consellería de Emprego de 347.000 euros.

VarandaLagoa2 VarandaLagoa3

VarandaLagoa4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver